O 29 de outubro tivo lugar a visita á exposición "Unha vida vikinga" na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta visita o alumnado de primeiro e segundo da ESO tivo a oportunidade de aprender de primeira man en que consistía ser un verdadeiro vikingo e desmontar algúns mitos ao respecto. Grazas a maquetas e restos arqueolóxicos de toda Europa: dende armas ate tesouros, dende runas ate tumbas, puidemos aprender sobre como era vivir unha vida vikinga.
martes, 29 de outubro de 2024
"Unha vida vikinga" na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
De paso, aproveitamos para visitar a catedral de Santiago!
xoves, 24 de outubro de 2024
Conmemoración do Día Mundial da Protección da Natureza e do Día Internacional contra o cambio climático
Para conmemorar o Día Internacional contra o cambio climático (24 de outubro) e o Día Mundial de Protección da Natureza (18 de outubro), o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha plantación de sementes de árbores autóctonas co seu alumnado. Ademáis o alumnado de 4º ESO realizou unha saída pola contorna do centro para recoller sementes e elaboraron uns carteis. Aquí podemos ver fotos e os traballos realizados.

luns, 21 de outubro de 2024
VIAXE DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS PLUS: PROXECTO KA122 QUERCUS
10 alumnas e alumnos do noso IES viaxaron a Pont-Croix, unha vila da Bretaña francesa para participar nun intercambio dentro do noso proxecto KA122 Quercus.
xoves, 10 de outubro de 2024
PATIOS INCLUSIVOS
Este curso continuamos cos patios inclusivos, unha opción mais para que todxs podan participar activamente nos recreos, e para que ninguén se sinta excluído, quede só, ou aburrido sen saber que facer.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)