xoves, 27 de xuño de 2024

VISITA A MAZARICOS

 Os Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística en colaboración cos Departamentos de Francés, Xeografía e Historia e Economía tivo a ben organanizar visita a Mazaricos dentro da cal visitamos a empresa Vacuno Granxa Pazos SL onde poidemos ver un exemplo de empresa do sector primario e do seu modelo de negocio. 

Esta empresa conta con mais de 1.000 cabezas de gando sendo un exemplo de explotación moderna e automatizada nun sector tradicional, que actúa como dinamizadora da zona rural. 

Asimesmo analizamos como realiza o proceso de venta comercial do seu produto.

Por outro lado tivemos unha xornada de convivencia co alumnado do CPI A Picota practicando diversos xogos tradicionais como a billarda. 








PROXECTA+ GALICONS - A PUBLICIDADE DE ENTREGUERRAS

Continuando co Proxecta+, o alumnado de Xeografía e Historia de 4º da ESO estivo a analizar obras gráficas sobre a propaganda bélica na Primeira Guerra Mundial.

Ao estudar as orixes e a evolución da publicidade de masas moderna e abordar as súas técnicas nun contexto distinto ao noso, podemos achegarnos á publicidade actual dun xeito máis reflexivo e analítico, desenvolvemento o noso espírito crítico e concienciándonos da importancia da resolución pacífica dos conflictos.







mércores, 26 de xuño de 2024

xoves, 13 de xuño de 2024

EfigyGirls- Naturgy- Madrid

 Un grupo de 5 alumnas e dúas profesoras participan en Madrid en EfigyGirls- Naturgy








PROXECTA+ GALICONS.NET OBRADOIRO DE PRENSA

 Os alumnos de 4º ESO de Economía continúan coa realización do seu proxecta+ estudando a publicidade. Nesta ocasión celebramos o obradoiro de Prensa Escrita. 

 Uns grandes resultados percibindo que é publicidade enfocada a público de edade superior a 40  anos, moi alonxado da súa realidade. 






martes, 11 de xuño de 2024

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 Como non podía ser doutra maneira onte fómonos de excursión a Viveiro. Estivemos no parque de aventura Roq Park situado no monte San Roque.

Alí  unhos monitores déronnos unhas nocións básicas para poder facer circuitos de diferente nivel de dificultade entre as árbores, e poder disfrutar nas tirolinas. Quén dixo medo?

Tamén fixemos por grupos unhas actividades de orientación.

Aqui vos deixamos algunhas fotos do día.