sábado, 22 de maio de 2021

MURO POLA CONVIVENCIA E A IGUALDADE

 

     Dentro dos contratos programa: Con-vive, Iguala-T e Prevención do abandono e do absentismo, estamos realizando entre outras dúas actividades que consisten na decoración do muro de entrada ao IES, así como tamén a decoración de parte do muro do horto escolar. A temática no muro da entrada é a igualdade e a convivencia. A temática do horto será horto, ecoloxía..

   Previamente traballouse nas aulas a idea de igualdade e convivencia co alumnado.  En ambas actividades contamos coa artista local Blanca Escrigas á que se lle presentou o proxecto, e colaborou na dinamización das titorías para que cada clase fose xerando ideas e chegando a acordos sobre a temática que quería que quedase reflectida no traballo final. O alumnado xerou as ideas, algúns incluso fixeron un boceto, e Blanca deulles forma e deseña o mural. Deste xeito todo o alumnado da ESO participou dende o principio na aportación de ideas.

   A semana pasada empezamos a pintar o muro, estas son algunhas fotos do traballo que se vai facendo.

Os comenzos!






Igualdade

Convivencia