Onte o alumnado de 2º PMAR comezou coa decoración da nosa horta facendo un graffiti:
venres, 24 de xaneiro de 2020
CHARLA SOBRE ENERXIA RENOVABLES
O luns 20 de xaneiro os alumnos/as do IES de Catabois desprazaronse ata as instalación do IES Punta Candieria en Cedeira , para unha xornada de formación en enerxías renovables. Esta formación foi impartida polo profesor Pedro Franco Leis. Esta actividade foi moi útil xa que estamos interesados en obter unha forma de regadío innovadora utilizando a auga da choiva.
xoves, 23 de xaneiro de 2020
APRENDENDO MITOLOXÍA CLÁSICA
O 19 de novembro de 2019, a compañía de teatro de Antonio Blanco , Carmona, deleitounos cunha aproximación lúdica á mitoloxía clásica.
Asistiu todo o alumnado do centro matriculado na ESO, ademais dos profesores que nesas horas tiñan clase cos diferentes grupos.
Foi unha tarde moi agradable e divertida. E, por riba de todo, moi productiva, xa que o alumnado non esquecerá nunha aos habitantes do Olimpo.
xoves, 16 de xaneiro de 2020
VISITA OS MUSEOS DOMUS E MUNCYT
O día 14
de Xaneiro 45 alumnos dos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO acompañadas polas
profesoras de matemáticas e a profesora de bioloxía realizaron unha visita á
Domus e ao museo Muncyt en A Coruña en horario de 10:00 a 18:00.
Chegaron sobre as 11:00 e no Laboratorio Aberto
da Domus, os alumnos de 3º ESO e os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO
transformáronse en biotecnólogos realizando unha transformación bacteriana e
participaron na procura dunha diana para o tratamento contra a
arterioesclerose. Mentres, o resto do alumnado visitaba a sala de exposicións
da Domus e realizaba un cuestionario sobre os distintos paneis desta sala.
A comida foi no centro comercial “ Los Rosales”
, xa a continuación visitaron o museo Muncyt onde os alumnos realizaron o desafío MUNCYT, unha actividades
que consistía en percorrer o museo a través dunha serie de retos descubrindo
por eles mesmos as cousas asombrosas que esconden as distintas salas deste
Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía.
mércores, 15 de xaneiro de 2020
SACHA QUE TE SACHA
Despois de que o tempo nos dera unha tregua, por fin poidemos empezar a sachar e a acondicionar a nosa horta.
Os primeiros en sair a traballar foi o alumnado de primeiro da ESO, como se pode ver nas seguintes imaxes:
Os primeiros en sair a traballar foi o alumnado de primeiro da ESO, como se pode ver nas seguintes imaxes:
mércores, 8 de xaneiro de 2020
PULSERAS EN CONTRA DO MATRIMONIO INFANTIL
Os cartos foron destinados para o fondo “Right to be a girl” (dereito a ser unha nena), que persegue que menos nenas se casen a idades temperás, e as que xa están casadas podan ter unha formación e un futuro propio.
O alumnado conseguiu recaudar 118€.
Dende a ONG Save the Children agradecen a vosa colaboración!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)