mércores, 11 de decembro de 2019

EXPOSICIÓN AS MULLERES NO MUNDO DAS TIC


       Durante dúas semanas tivemos no IES a exposición "As mulleres no mundo das TIC" que fai visible e pon en valor  as enxeñeiras, científicas e tecnólogas cuxas invencións teñen ou tiveron un papel destacado no desenvolvemento das TIC.


   
   Cada panel amosa algunhas das achegas realizadas ao longo da historia por distintas mulleres adiantadas o seu tempo. As mulleres que compoñen a exposición son:

  • Ana María Prieto López, pioneira galega da programación en España
  • Ada Lovelace, primeira programadora da historia
  • Roberta Williams, creadora da primeira aventura gráfica
  • Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico
  • Katherine Johnson, calculadora da NASA responsable da traxectoria  do voo do primeiro estadounidense no espazo
  • Frances E. Allen, primeira muller en gañar o Premio Turing, o Nobel da computadora
  • Hedy Lammar, co-inventora do sistema do espectro ensanchado, precursora do Wi-Fi
  • Grace Hopper, pioneira  en linguaxes de programación e creadora do primeiro compilador
  •  as programadoras do ENIAC, o primeiro ordenador de propósito xeral
  • Joan Clarke, excepcional criptoanalista de mensaxes cifradas enviadas por submarinos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial.




Queremos animar ás nosas rapazas a escoller profesións científico-tecnolóxicas, se é o que elas queren!.









Ningún comentario:

Publicar un comentario