Dentro do marco do proxecto AMAZONAS, para o fomento do deporte feminino, tivemos este mércores a charla de
Marta Barbeito que ofreceu a Federación
Galega de Triatlón ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
Esta triatleta galega explicounos os fundamentos deste deporte que require gran capacidade de esforzo e sacrificio persoal. De xeito divertido explicounos as distintas disciplinas que o compoñen (natación, ciclismo e carreira), os materiais, e tamén fixo un repaso polos triatletas e probas mais destacadas.
Resaltou así mesmo, o carácter
igualitario deste deporte, onde as distancias e os premios económicos son os mesmos tanto para mulleres como para homes, e que o deporte non está reñido
cos estudos pois os triatletas son capaces de compaxinar os seus entrenamentos
de alto rendemento coas suas carreiras universitarias poñendo o exemplo da
triatleta do Clube Triatlón Ferrol, Miriam
Casillas.