sábado, 26 de novembro de 2016
ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA
Con letras brancas sobre fondo negro, apareceu o título desta entrada como lema do 25 de novembro en portas e fachadas de comercios, de tendas, de bares, de edificios públicos de Ferrol. Mais tamén nos peitos do noso alumnado de 3º da ESO, que luciu o negro contra a violencia machista nas camisolas cedidas pola área de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol.
O pasado venres 25 de novembro, no teatro Jofre reuníronse en pleno máis de trescentas alumnas e alumnos dos institutos de Ferrol para debater sobre o tema. Finalizaría o acto coa plantación simbólica de rosas polas vítimas.
xoves, 10 de novembro de 2016
Boas novas:
Temos concedidos catro dos cinco Plans Proxecta solicitados! Continuamos neste curso 2016-2017 cos programas iniciados o curso pasado: Aliméntate ben!, Proxecto Deportivo de Centro e Quérote+. Ademais
este curso o alumnado de 4º de ESO entrará en contacto co cine europeo a través do Proxecta CinED, grazas a un novo proxecto deseñado por Pilar Alvariño que resultou ser un dos seis seleccionados para toda Galicia.
Foi unha mágoa que non nos concederan o quinto Plan: Por 365 días de respecto e igualdade. O proxecto era moi interesante, pero había un número limitado de centros. Non vos preocupedes, traballaremos esta temática desde outras actividades e volveremos intentalo o próximo ano!
Agora toca comezar a andadura deste curso. Rapaces e rapazas, agardamos polas vosas ideas para darlles forma. Un ano máis queremos facer moitas cousas con vós!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)