xoves, 23 de febreiro de 2023

A OMBROS DE XIGANTAS


Plaxiando unha das frases máis lexendarias da ciencia dímoslle título ao proxecto adicado a o "Día Internacional da nena e a muller na ciencia".

A actividade foi desenvolvida  a través da realización de diferentes murais, cada un cun nome dunha muller relavante no ámbito científico, apoiado dunha pequena reflexión sobre algún paralelismo coa vida do alumnado dos Programas Formativos Básicos, como o país de nacemento, a migración.

Este foi o resultado: 



RAHMA BOURQIA, marroquí, socióloga e antropólaga, membra da Academia das Ciencias do Reino de Marrocos







ADRIANA OCAMPO URIA, colombiana, xeóloga planetaria, directora do programa de ciencia da NASA





FÁTIMA FIHRIA, marroquí, fundou una madrasa que foi a primeira institución de educación superior do mundo, coñecida na actualidade como a Universidade de Qarawiyyin en Fez.







ELISA LEONIDA ZAMFIRESCU, rumana, primeira inxeñeira de Europa








MARI CURIE, polaca e francesa, pioneira no campo da radioactividade, recibiu dous Premios Nobel








CLARA GRIMA, española, matemática, divulgadora científica e descubridora da figura xeométrica chamada escutoide.




Así quedou o noso pasillo:



luns, 20 de febreiro de 2023

Entroido 2023

 O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido no IES de Catabois. Decoración de portas, comparsas, disfraces... todo coa temática da biblioteca do centro, este ano tocaba as emocións.
















 

domingo, 19 de febreiro de 2023

PATIOS INCLUSIVOS

 

      Este curso dende o segundo trimestre puxemos en marcha unha nova actividade para que todxs podan participar activamente nos recreos, e para que ninguén se sinta excluído, quede só, ou aburrido sen saber que facer.

Grazas sobre todo ao traballo de Iovanna, Pilar e Conchi por axudar a que isto saira adiante.












luns, 13 de febreiro de 2023

FORMACIÓN DO PROFESORADO EN ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

          Hoxe rematamos a formación nun curso de lingua de signos (LSE) impartido pola presidenta da asociación de persoas xordas de Ferrol. Foron horas agradables nas que aprendimos signos básicos para poder interactuar co alumnado con deficiencia auditiva. Aínda nos queda moito por aprender!!






AXE Ferrol - Minimarket : Promovendo o Emprendemento

     O IES de Catabois ven de colaborar coa Asociación de Xoves Empresarios de Ferrol para participar no Proxecto Minimarket con diversos centros educativos da zona de Ferrolterra, coa intención de promover o emprendemento e facilitar o contacto do alumnado coa realidade económica da nosa zona.

    O IES de Catabois participa con alumnos de 4º de ESO e dos grupos de FPA que se imparten no centro. 

    Hoxe desenvolveuse o primeiro evento, o taller de intelixencia emocional e autoestima impartido polo psicólogo Esteban López Reynoso. 

    Esta actividade planifícase como complento externo ao Plan Proxecta+ Galicons PUBLICIDADE SANA, complementando o mesmo dende un punto de vista de iniciativa persoal. 









Plan Proxecta+ : Os alumnos xa están a facer o envoltorio do produto final

            Dentro do taller 4 do Plan Proxecta+ Publicidade Sana, os alumnos xa están a deseñar o envoltorio para poder vender o produto, utilizando as técnicas publicitarias e de deseño aprendidas.

            Traballamos a iniciativa emprendedora cun produto final que poida ser visualizado e percibido materialmente.

            Nas fotografías podemos ver varios alumnos traballando no proxecto na clase de Debuxo Técnico.