mércores, 20 de decembro de 2023

PROPOSTAS DE MELLORA PATIO INTERIOR

 Unhas das actividades programadas nas materias do proxecto competencial de 2º ESO e 3º ESO é crear propostas de mellora para o noso instituto, aproveitando espazos en desuso ou pouco utilizados para que o noso centro sexa un lugar máis agradable con espazos ou rincóns que favorezan o estado de ánimo, a socialización, a comodidade e a tranquilidade. 

O espazo escollido para este fin foi un dos patios interiores do centro. O alumnado saiu a realizar medidas do patio, para posteriormente elaborar un plano onde plasmar as súas propostas. 














venres, 8 de decembro de 2023

“ROTEIROS CIENTÍFICOS, ARTÍSTICOS E LITERARIOS” DURANTE O CURSO 2023-2024.

 O centro participa este ano nos roteiros CAL, empezamos coas actividades en educación plástica, visual e audiovisual de 3º de ESO e en Expresión Artística de 4º ESO.

O 10 de novembro comeza o alumnado de 3º e 4º de ESO, creando un cronograma da vida e obra de Pablo Picasso, recollendo algunha das obras máis características de cada unha das súas distintas etapas.

 

Exemplo dalgún dos traballos.

Unha vez realizado o cronograma, o alumnado escolle unha obra de Picasso para realizar unha interpretación ao seu gusto, en 3º de ESO, con técnicas de pintura a lapis ou rotuladores, e en 4º de ESO, aproveitando o tema da pintura, realízano sobre cartóns reciclados en témpera.

Debuxos de 3º da ESO

 

  

       


Debuxos de 4º da ESO

     


 



O 23 de novembro en 4º de ESO, aproveitando o tema do gravado realízase o gravado dunha das pombas da paz, realizadas por Picasso.

   

  

  

  

    O 5 de decembro, en 4º de ESO empezan a debuxar nun persoal coas dimensións dos paneis do muro exterior do centro, unha obra persoal, que conteña a pomba da paz de Picasso, das que se seleccionará, a máis interesante, para plasmar no muro exterior.

 

 



  

xoves, 30 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E MENSTRUACIÓN

 O 30 de novembro o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de sexualidade e menstruación no que se falou dos cambios que xorden durante a pubertade e os tabús que existen arredor da menstruación, para que tanto as nenas coma os nenos aprendan a tratar con naturalidade o proceso menstrual.

 Falamos tamén de sexualidade, facendo fincapé na afectividade e desmontando ideas preconcibidas arredor da mesma.


O obradoiro estivo impartido por Cromosomos X, unha asociación sen ánimo de lucro que destina parte das súas ganancias a loita contra a pobreza menstrual en proxectos de cooperación no Sur Global. 







xoves, 23 de novembro de 2023

25 de novembro DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Hoxe, como tantos outros días, falamos da violencia que se exerce contra as mulleres.

 Nesta ocasión a través dun taller impartido por voluntarios de Cruz Roja, tratouse de sensibilizar ao alumnado de 1º ESO, e de poñer o foco de atención en como detectala.










No resto de titorías da  ESO traballaron en base a unha presentación elaborada por Carmen Río, profesora de tecnoloxía.

martes, 14 de novembro de 2023

Proxecta+ Publicidade Sa - iniciamos a primeira sesión 30 de Outubro

 Iniciamos este ano outra viaxe apaixoante polo mundo da publicidade. Empezamos o Proxecta+ de 2023-24 deste ano. 

A primeira xornada estivemos a traballar a historia da publicidade na aula de 4º ESO de Economía e Emprendimento. 

Grande sorpresa cos anuncios que vían os avós e os pais na televisión. 




xoves, 9 de novembro de 2023

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

      Hoxe rematamos unhas xornadas moi interesantes nas que o alumnado, especialmente as rapazas de 3º e 4º ESO, coñeceron da man de mulleres traballadoras en sectores tradicionalmente masculinos: a oferta de formación profesional, datos sobre a representación feminina nos ciclos de FP, profesións masculinizadas, as condicións laborais derivadas dos diferentes ámbitos e sectores profesionais, mulleres referentes en diferentes ámbitos profesionais....

 





 

   Qué che gusta? Qué se che da ben?   Que non te líen, ti elixes!!


Ningunha profesión ten xénero. Fai o que che guste!!