UNHAS PROFESIÓNS DE COIDADO
Para a antropóloga feminista, Margaret Mead a fractura dunha pata dun animal implica a súa morte ante a imposibilidade de poder protexerse e alimentarse. É presa facil para outros animais. Igual ocorre coas persoas se non son coidadas.
Por isto, a aparición dun fémur fracturado e curado é o primeiro signo de civilización, porque significa que algunha persoa se encargou de protexer á persoa cuxa perna se fracturou, levouna a un lugar seguro, proporcionoulle alimentos e todos os coidados que requeriu para a súa recuperación.
Este debuxo titúlase "A miña nai e as mulleres da miña veciñanza e pintouno un estudiante de 9 anos Anujhat Vinayal de Thrissur de Kerala, India, quen, ao preguntar polo traballo da súa nai, ouía dicir ao seu pai: "so está na casa, non fai nada".
Estes son dous exemplos que nos falan da importancia e á vez da invisibilidade que teñen os coidados para o desenvolvemento da vida, traballos que, na maioría das sociedades recaen nas mulleres.
Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no IES de Catabois realizamos diferentes actividades adicadas a poñer en valor os COIDADOS da vida. Quixemos que os coidados pasaran a formar parte en primeiro plano e sacalos da súa eterna invisilidade.
Seguindo os principios da corresponsabiliadade social, a Pedagoxía dos coidados explícanos que a coidar apréndese, como afirma Nell Noddings (filósofa e educadora feminista) todos/as temos dereito a ser coidados e todos/as podemos coidar, ensinando a coidar a saúde física, psiquica e social propia e a dos demais e da natureza e o entorno
Fíxose unha presentación nas aulas sobre a razón de escoller os coidados como tema clave no Día Internacional da Muller co alumnado de 3º e 4º da ESO e dos Programas Formativos Básicos (PFB) e como fin de actividadde viñeron a falarnos de coidados a Directora de Cruz Roja Ferrol, María Silveira Santamaría, Xelo Paz Rodríguez, Educadora Social da Residencia de maiores de Ortigueira e Rafael Rodríguez Martínez, Presidente de ALCER, Asociación de loita contra as enfermidades renais.
As actividades cos grupos de 1º e 2º da ESO estiveron centradas no deporte como hábito de vida saudable, como o deporte coida do noso benestar psiquico e social. Para esta actividade contamos co Clube de Remo da Cabana, representado en Manuel López Rio, Brais López e Tania Gabía Rascado entrenadores e participante feminina dando así visibilidade á muller nun deporte minoritario na comarca
Dende o IES de Catabois moitas grazas a todas as persoas
que colaboráchedes para que a sociedade avance. 👏👏👏💯