Catro alumnos e dúas docentes do IES de Catabois partiron o 7 de maio rumbo a Grecia para participar no encontro de diferentes grupos que a nivel europeo participan no proxecto Erasmus + “Upcycling: A Project Bottom to Top” . Pasaron uns días inolvidables traballando no proxecto. Alí fabricaron obxectos de colgar con materiais de desfeito e ademais escoitaron o himno europeo e outras cancións con obxectos musicais tamén creados con este tipo de materias de desfeito aos que deron unha nova vida. Pero no medio, ademais tiveron tempo de empaparse e adentrarse na vida do país facendo camiñatas e deportes na natureza, por exemplo no Parque Nacional Agios Nikolaos para valorar a beleza e concienciar da necesidade de respectar o medio natural. Visitaron Vergina, onde está un xacemento arqueolóxico declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Alí está enterrado Filipo II de Macedonia, pai de Alejandro Magno.
Visitaron o Museo Tecnolóxico de Noesis onde asistiron ao planetario con impresionantes imaxes e a exposición de Génesis, onde a partir de residuos represéntase coa proxección de sombras toda a historia da Terra dende o inicio do Universo ata a actualidade.
Ademais probaron a deliciosa comida griega, aprenderon os seus bailes e bañáronse no Mar Egeo, que máis se pode pedir?