xoves, 11 de febreiro de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Durante toda esta semana estamos a celebrar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, organizando e celebrando varias actividades como esta, para que as nenas se identifiquen e teñan como referentes mulleres investigadoras e científicas.
Grazas á colaboración da AECC (Asociación Española Contra o Cancro)participou nesta experiencia unha investigadora galega nacida en Porto do Son, e que actualmente traballa no INHIBIC (instituto de investigación biomédica da Coruña)onde dirixe a un grupo de persoas que investigan sobre o cancro.
mércores, 3 de febreiro de 2021
DIA DA PAZ
Durante a semana pasada conmemoramos o Día da Paz. Nesta ocasión o alumnado da ESO traballou por quendas nunhos mandalas pola paz
Aquí vos deixamos o resultado final!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)