xoves, 26 de novembro de 2020

Día internacional contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero. O alumnado de 2º da ESO da materia de Igualdade de Xénero encargouse da decoración do IES con frases condenando o maltrato exercido cara ás mulleres, tanto físico coma psicolóxico, en diferentes linguas.
Co mesmo motivo, organizouse una charla sobre Igualdade de Xénero na que a psicóloga Lucía Mosteiro axudounos a reflexionar sobre este problema que debemos traballar desde a infancia e que afecta a todos e todas, mocidade, infancia, adultos…
A través dun análise de casos e documentos, o alumnado reflexionou sobre o que implica esta clase de violencia, o que lles suxire, os sentimentos que lles provoca e o que temos que facer para avanzar cara una sociedade máis igualitaria.

mércores, 25 de novembro de 2020

ADECUACIÓN DE ESPAZOS DO ANTIGO COMEDOR

     Dende hai catro anos temos un convenio de colaboración con FSG (fundación secretariado gitano)  para o desenvolvemento do Programa Promociona que ten como obxectivos: reducir o abandono escolar temperán, conseguir tasas mais altas de éxito escolar na ESO e promover a continuidade nos estudos postobrigatorios. 

    Este ano para evitar os desprazamentos do alumnado e tamén que se mezclasen con alumnado doutros IES faise as intervencións no propio IES. Tivemos que acondicionar o espazo do antigo comedor como aula para a intervención.


 

martes, 24 de novembro de 2020

“Só a ciencia nos rescatará da pandemia"

    O día 16 de novembro o alumnado de 4 º ESO, o departamento de Galego, EDLG, e o departamento de Bioloxía e Xeoloxía seguiron en directo o webinario emitido con motivo do Mes da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a investigadora galega Sonia Villapol disertou sobre o enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas.

No seguinte enlace pódese ver o webinario: “Só a ciencia nos rescatará da pandemia"