martes, 31 de marzo de 2020

AS MULLERES DA MIÑA FAMILIA



Para conmemorar o 8 de marzo, día Internacional da Muller decidimos facer unha pequena homenaxe ás mulleres das nosas familias, o alumnado elaborou uns carteis coas mulleres mais importantes das súas vidas poñendo unha mensaxe para cada unha delas. 

De momento non podemos amosar todos os que se fixeron pois dalgún aínda non sacáramos foto cando entramos na corentena polo COVID-19, en canto podamos voltar ao IES amosarémosvos todas as fotos.