luns, 18 de marzo de 2019

TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS AUDIOVISUAIS


No día de hoxe estiveron con nós as irmáns Gela e Elisa da Consultora Sánchez Albornoz,  moi comprometidas en conseguir a  igualdade entre homes e mulleres. Amosaron como  se siguen a reproducir na publiciade estereotipos e sesgos sexistas, e o poder que isto ten na sociedade posto que tendemos a imitar estos modelos.

Houbo moito debate sobre estas cuestións. Temos un alumnado crítico coa publicidade e cos medios audiovisuais, dispostos a romper cos estereotipos e cos roles sociales tradicionais asignados ás mulleres.