mércores, 29 de novembro de 2017
25N. FERROL EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO MACHISTA.
Non só Ferrol se volveu vestir de negro para reivindicar a fin desta lacra social. Tamén no IES de Catabois, promovido por Quérote+ se levaron a termo actuacións que amosaban a repulsa do noso alumnado contra a violencia de xénero machista. Xunto coa rapazada de Igualdade de Xénero, elaboraron mensaxes de apoio á causa e os discentes de 3º entregaron caramelos contra a violencia de xénero que levaban frases reivindicativas. Nos recreos visualizaron vídeos da campaña e escoitouse por todo o instituto cancións en contra do maltrato da muller.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)