Benvidos e benvidas a este novo curso.
Neste espazo iremos dando conta das actividades que se estean a desenvolver durante o curso para que toda a comunidade educativa teña acceso a elas. Gustaríanos ademais recibir os vosos comentarios e suxestións, así que animádevos a participar para facer deste blog un instrumento útil para todos e todas.
Por agora, informámosvos de que, para este curso, imos solicitar a participación en diferentes Plans Proxecta. Algúns xa vos son coñecidos, pois xa levamos dous anos desenvolvéndoos; noutros embarcarémonos este curso.
- PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO: Móvete polo Catabois. Bule!
- ALIMÉNTATE BEN: Come ben, síntete ben.
- QUÉROTE+: Coñecémonos, querémonos.
- POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE
- DONAS DE SI
En todos agardamos contar coa vosa implicación. Animádevos a participar e xa veredes que bos resultados obtemos a final de curso.