Con motivo do Día Mundial do ovo, o pasado 14 de outubro aproveitamos as clases de Lingua Castelá e Francés para aprender moitas propiedades deste alimento e tamén unha chea de curiosidades. Por exemplo, canto lle debemos á galiña, que ata perdeu capacidade de voo a consecuencia da domesticación ou de quen vén sendo a idea desa caixiña de ovos tan ben artellada.
Caixiña que nós quixemos aproveitar e non só para gardar os ovos, senón tamén para contribuír ao proxecto que este ano ten en marcha a Biblioteca: o teatro. Preguntarédesvos como imos meter no mesmo molde o teatro e os ovos. Pois hai que agardar un pouco: os rapaces e as rapazas aínda están artellando a idea coa axuda dos profes Pablo e Teresa. Vaian como adianto estas imaxes:
ANÉCDOTA: Houbo quen quixo que súa nai lle mercara seis ducias de ovos para ter material suficiente!!!!