Festival de Nadal. Curso 2024-25
Despedimos este ano 2024 cun súper ambiente de festa. Foi unha xornada musical na que contamos con moitas actuacións do noso alumnado. Houbo música con panxoliñas tradicionais, teatro e uvas para todos.
Clara, Muna e Juanma deleitáronnos con: tu falta de querer de Mon Laferte.
O novo grupo de teatro do noso IES interpretou a peza: O vagabundo e o chimpancé.
2º e 3º da ESO cantaron e tocaron Noite de Paz e El burrito sabanero respectivamente acompañados pola súa profes de música Thelma.
Jatniel e Jafía emocionáronnos con: El burrito sabanero, Alabanzas al rey e Noite de paz.
Todo introducido e guiado polas nosas presentadoras: Yanira e Sara de 1º de Bac.
Tedes un vídeo que o resume no noso instagram:
Nadal e finde ano, todo nun mesmo día.
Boas vacacións e feliz ano a todas e a todos FAMILIA CATABOIS!!🎄




Comentarios
Publicar un comentario