luns, 13 de maio de 2024

Antártida, investigación baixo a cota cero

O venres 10 de maio tivemos a sorte de contar con Javier Cristobo, Biólogo mariño do Centro Oceanográfico de Gijón que estivo oito veces na Antártida e unha no Ártico realizando traballos de investigacións sobre os invertebrados mariños. Ademais da charla impartida para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, Nerea Romero e Adrián Lago (alumnado da rama de ciencias) realizáronlle unha entrevista na radio de Catabois. No enlace que aparece a continuación podemos ver as imaxes cedidas por Javier Cristobo ao IES de Catabois e escoitar a entrevista:

https://www.youtube.com/watch?v=lU7YTgFFZHA









venres, 10 de maio de 2024

Xornadas sobre os Espazos Naturais Protexidos con CEIDA

O alumnado de 2º e 3º ESO da materia do Proxecto Competencial e o alumnado de 1º Bacharelato da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron unha formación impartida por CEIDA sobre os espazos naturais protexidos.  A primeira xornada desenvolveuse no noso centro, onde coñeceron de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido e a súa importancia.  Na segunda xornada realizaron unha ruta guiada polo Parque Natural das Fragas do Eume, onde coñeceron o patrimonio natural e cultural que alberga este espazo, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia. 















 

sábado, 4 de maio de 2024

CONMEMORACIÓN 50 ANIVERSARIO

 O pasado día 30 de Abril o IES de Catabois celebrou o seu 50 Aniversario, cá participación de toda a comunidade educativa, vello e novo alumnado, profesorado, persoal non docente, e todo o que quixo participar no evento. Houbo unha exposición da recopilación de fotos de todos os anos, e petiscos.