ENTROIDO CURSO 24-25

ENTROIDO 

É tradición no IES de Catabois celebrar o Entroido por todo o alto. Como cada ano, a temática do Entroido vai directamente relacionada co tema da bibliotenca e dos proxectos do centro. Este ano 2025, primeiro ano do proxecto KA122: Gallaeciae Quercus que estamos desenvolvendo no centro. a temática era a de comunidades e ocorréusenos darlle un toque de humor disfrazándonos de tribos urbanas. Cada grupo explicou a súa tribo no corredor central e algúns animáronse a bailar para todos. Houbo concurso de comparsas e de decoración de portas co seguinte resultado: 

1º POSTO DO CONCURSO DE PORTAS: 2º DE BACHARELATO

 

1º POSTO DO CONCURSO DE COMPARSAS: 2º ESO

Foi unha semana moi animada. Viva o entroido de Catabois!

Tedes un resumo no noso instagram




Comentarios

Publicacións populares