SAMAÍN CURSO 2024-25


Formamos parte dun barrio no que se vive moi intensamente a noite de defuntos e un dos obxectivos do noso centro é que o instituto sexa parte do entorno no que está así que aproveitamos para traballar esta festividade desde moitas perspectivas. 
O día 30 de outubro festexamos o noso xa tradicional festival de Samaín. O equipo de dinamización lingüítica (A Resistencia é a nosa Herdanza) preparou unha decoración arrepiante e transformou a biblioteca nunha sala terrorífica na que o resto do alumnado tiña que resolver unha serie de enigmas para poder saír. 
Rematamos a xornada cunha boa chocolatada compartida por profesorado e alumnado. Foi un día especial, cheo de sustos e de bo humor que saíu adiante grazas á gran involucración da Resistencia e de todo o profesorado. 
Tamén se levaron a cabo concursos de poemas e de epitafios que axudaron a preparar o ambiente os día previos. 
Podedes velo no resume que deixamos na nosa conta instagram.
👻💀







Comentarios

Publicacións populares