GRADUACIÓN DE 4º ESO 19 DE XUÑO DE 2025
Que tarde tan emocionante nos tiña reservada o alumnado de 4º ESO! Prepararon con mimo cada detalle da súa graduación: decoración, discursos, vestimenta… e todo saíu perfecto. Un peche emotivo para un ano cargado de intensidade en todos os sentidos pero que finalmente deixou un pouso de cariño e felicidade nunha foto final que representa a esencia de Catabois: A RIQUEZA DA DIVERSIDADE.





